Volver
Resuelta

POS+2018: Mellora accesibilidade a Fontán e reparación escaleira Avda. do Porto

Presupuesto Base

53.423,46

Sin Impuestos

53.423,46

Importe Total

64.642,39

Contratación: 18/12/2019
Actualización: 25/10/2021 20:51

Adjudicaciones

Canarga, S.L.

B15360902

43.950,00€

Final: 36.322,31€

Visto o expediente tramitado en virtude do acordo da Xunta de Goberno Local de data 11/06/2019 para a contratación por procedemento aberto simplificado sumario das obras “POS+2018: Mellora accesibilidade a Fontán e reparación escaleira Avda. do Porto”. Celebrada licitación os días 18 de xullo, e 13 e 23 de agosto de 2019, o Servizo de contratación formulou proposta de adxudicación a favor da empresa CANARGA, S.L., titular do CIF: B15360902, unha vez xustificada a súa oferta incursa en valores anormalmente baixos, segundo consta no informe técnico emitido con data 23/08/19, por ser a mellor oferta. Visto que a antedita empresa presentou declaración responsable de que se atopa inscrita no Rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas do Sector Público e no Rexistro de contratistas da Comunidade autónoma de Galicia co nº 1605, e feitas as comprobacións correspondentes polo departamento de Contratación, adóptase por unanimidade o acordo seguinte: 1º.- Declarar válida a licitación por procedemento aberto simplificado sumario de "POS+2018: Mellora accesibilidade a Fontán e reparación escaleira Avda. do Porto”. 2º.- Excluír á empresa SERGONSA SERVICIOS, S.L., CIF: B70372032, debido a que na súa oferta a parte da obra que ten previsto subcontratar é superior ao 50% previsto no Cadro de características anexo ao PCAP. 3º.- Adxudicar o contrato de Mellora accesibilidade a Fontán e reparación escaleira Avda. do Porto, á empresa CANARGA, S.L., titular do CIF: B15360902, no prezo total de corenta e tres mil novecentos cincuenta euros (Base impoñible: 36.322,31 €, IVE: 7.627,69 €, Total: 43.950,00 €), unha vez xustificada a súa oferta incursa en valores anormalmente baixos. 5º.- Dispoñer o gasto con cargo a aplicación orzamentaria 1532.61900 2018 2 9 3 1 do vixente Presuposto municipal.- 6º.- Notificar electronicamente este acordo ao adxudicatario para que mediante a aceptación da adxudicación por parte de persoa que teña poder suficiente, dentro do prazo que establece o artigo 153.3 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, se considere formalizado o contrato.- 7º.- Notificar aos restantes licitadores e publicar esta adxudicación mediante anuncio no Perfil de contratante, conforme ao disposto no artigo 151.1 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público, e publicar no mesmo medio a formalización do contrato, conforme ao artigo 154.1 da antedita lei.- 8º.- Designar como técnico director das obras ao Enxeñeiro Técnico Municipal D. Valentín Medina Prieto.- 9º.- Formalizado o contrato, o contratista deberá presentar o programa de traballo, o plan de xestión de residuos e o plan de seguridade e saúde da obra, axustado ao estudo de seguridade e saúde do proxecto, para a súa aprobación pola Alcaldía, previo informe da coordinación de seguridade e saúde, e a súa posterior comunicación á autoridade laboral, tras o cal procederase á comprobación do trazado de planta e inicio da obra.-

9 18/12/2019 1