Volver
Adjudicada

Mellora da iluminación nas instalacions deportivas municipais (pavillón e campo de fútbol)

Presupuesto Base

35.151,58

Sin Impuestos

35.151,58

Importe Total

42.533,42

Actualización: 29/03/2019 13:43

Adjudicaciones

TECNORED, S.A.

A15035413

27.778,10€

Final: 22.957,11€

O 11.02.2019 a mesa de contratación do contrato de subministración “Mellora da iluminación nas instalacións deportivas” (ao abeiro do POS+adicional 2018 da Deputación da Coruña) acordou a clasificación de empresas, ordenadas por orde decrecente en función da oferta presentada e requirir á empresa TECNORDER, SA, clasificada en primeiro lugar a constitución da correspondente garantía complementaria. Acordou igualmente trasladar a proposta de adxudicación, unha vez cumprido co requirimento efectuado, á empresa TECNORED, SA, por ter presentado a mellor oferta e tras ter comprobada a súa correcta inscrición no Rexistro de Licitadores de Galicia. O día 21 de febreiro de 2019 a empresa licitadora TECNORED, SA presentou no rexistro xeral do Concello de San Sadurniño (nº de rexistro 292) a documentación acreditativa da constitución do aval por importe de mil cento corenta e sete euros con oitenta e seis céntimos (1.147,86€). De acordo co establecido nos pregos de cláusulas administrativas e no artigo 159.6 da Lei 9/2018, do 8 de novembro, que regula o procedemento simplificadísimo, non se require acreditación de solvencias nin adscripción de medios ao contrato, polo que a documentación presentada pode considerarse completa. Tendo en conta que o artigo 159.6 da Lei 9/2018 establece a posibilidade de que a formalización do contrato se efectúe mediante a sinatura da aceptación polo contratista da resolución de adxudicación e que o cadro de características do prego de cláusulas administrativas recolle a non esixencia de taxas do contrato, o Concello de San Sadurniño opta por formalizar o contrato mediante a aceptación do contratista da presente resolución. Consta no expediente informe de fiscalización da intervención de data 27.02.2019 no que se fiscaliza de conformidade a adxudicación do contrato.

9 1
Categoría: Trabajos de instalación eléctrica.