Volver
Resuelta

Pluviales y pavimentación en Vista Alegre y Escarabote

Presupuesto Base

48.483,79

Sin Impuestos

48.483,79

Importe Total

58.665,39

Contratación: 11/01/2019
Actualización: 14/03/2019 12:40

Adjudicaciones

FARIDO S.L.

B15155617

41.265,24€

Final: 34.103,50€

A Xunta de Goberno Local, na sesión do 19/07/2018, aprobou o expediente de contratación mediante procedemento aberto simplificado para a licitación da obra correspondente ó proxecto denominado “PLUVIAIS E PAVIMENTO EN VISTA ALEGRE, ESCARABOTE (POS+2018)”, cun orzamento de licitación por importe de 58.665,39 € (IVE incluído), aprobando tamén os pregos de cláusulas administrativas correspondentes. Na sesión realizada o 04/12/2018 a Xunta de Goberno Local acordou acepta-la proposta de puntuacións emitida pola Mesa de contratación, e requirir á empresa FÁRIDO SL, con CIF: B15155617, para que no prazo de 7 días hábiles presentara a documentación recollida na cláusula 16 PCA. Consta que a empresa presentou a citada documentación o 14/12/2018. Constan tamén no expediente o informe de fiscalización favorable da Intervención municipal do 26/12/2018, así como o informe emitido o 27/12/2018 polo arquitecto municipal considerando debidamente xustificado o prazo de execución de obras proposto pola empresa licitadora. Visto o disposto no artigo 21 da Lei 7/1985 de 2 de abril en relación coa Disposición Adicional 2ª da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de contratos do sector público (Resolución da Alcaldía de delegación de atribucións na Xunta de Goberno Local do 15/06/2015 – BOP núm. 140, do 27/07/2015) a Xunta de Goberno Local, en votación ordinaria e por unanimidade ACORDA: Primeiro.- Adxudicar o contrato de obra denominado “PLUVIAIS E PAVIMENTO EN VISTA ALEGRE, ESCARABOTE (POS+2018)” á empresa FÁRIDO SL, con CIF B15155617, polo prezo de corenta e un mil douscentos sesenta e cinco euros con vinte e catro céntimos (41.265,24 €), IVE incluido, e un prazo de execución de sesenta (60) días naturais. Segundo.- Requirir á empresa FÁRIDO SL para que proceda á formalización do contrato no prazo de 15 días hábiles dende a recepción da notificación, apercibíndolle que en caso de non formalizarse esixiráselle o importe do 3% do orzamento base de licitación (IVE excluido) en concepto de penalidade, adxudicándose o contrato ao seguinte licitador nos termos do artigo 153.4 LCSP. Terceiro.- A dirección facultativa das obras e a coordinación de seguridade e saude levarase a cabo polo arquitecto municipal. Cuarto.- Publicar a adxudicación no perfil do contratante nun prazo de 15 días naturais dende a formalización. Quinto.- Notificar este acordo aos interesados.

9 11/01/2019 1
Categoría: Trabajos de construcción.

Ubicación

A Coruña

Contacto y Plazos

Fecha Límite Presentación

21/08/2018 15:00h

Duración

4 Meses

Criterios de Adjudicación

Incremento plazo garantía 30%
Existencia plan igualdad en la fecha de publicación de la licitación 25%
Oferta económica 25%
Porcentaje personal fijo en relación plantilla global de la empresa 10%
Reducción de plazos 10%