Volver
Resuelta

Aceras y pavimentación en Barrana, Igrexa y otros

Presupuesto Base

161.107,12

Sin Impuestos

161.107,12

Importe Total

194.939,62

Contratación: 11/01/2019
Actualización: 13/03/2019 11:25

Adjudicaciones

FARIDO S.L.

B15155617

137.354,45€

Final: 113.516,07€

A Xunta de Goberno Local, na sesión do 19/07/2018, acordou aproba-lo expediente de licitación para a adxudicación do contrato de obras denominado “BEIRARRÚAS E PAVIMENTACIÓN EN BARRAÑA, IGREXA E OUTROS (POS+ 2018)” cun orzamento total de 194.939,62 €, IVE incluido, nos termos do prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas (procedemento aberto simplificado 159.6 LCSP). Na sesión realizada o 30/10/2018 a Xunta de Goberno Local acordou acepta-la proposta de puntuacións emitida pola Mesa de contratación, e requirir á empresa FÁRIDO SL, con CIF: B15155617, para que no prazo de 7 días hábiles presentara a documentación recollida na cláusula 16 PCA. Consta que a empresa presentou a citada documentación o 09/11/2018. Constan tamén no expediente o informe de fiscalización favorable da Intervención municipal do 13/11/2018, así como o informe emitido o 19/12/2018 polo arquitecto municipal considerando debidamente xustificado o prazo de execución de obras proposto pola empresa licitadora. Visto o disposto no artigo 21 da Lei 7/1985 de 2 de abril en relación coa Disposición Adicional 2ª da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de contratos do sector público (Resolución da Alcaldía de delegación de atribucións na Xunta de Goberno Local do 15/06/2015 – BOP núm. 140, do 27/07/2015) a Xunta de Goberno Local, en votación ordinaria e por unanimidade ACORDA: Primeiro.- Adxudicar o contrato de obra denominado ““BEIRARRÚAS E PAVIMENTACIÓN EN BARRAÑA, IGREXA E OUTROS (POS+ 2018)” á empresa FÁRIDO SL, con CIF: B15155617, polo prezo de cento trinta e sete mil trescentos cincuenta e catro euros con corenta e cinco céntimos (137.354,45 €), IVE incluido, e un prazo de execución de sesenta (60) días naturais. Segundo.- Requirir á empresa FÁRIDO SL para que proceda á formalización do contrato no prazo de 15 días hábiles dende a recepción da notificación, apercibíndolle que en caso de non formalizarse esixiráselle o importe do 3% do orzamento base de licitación (IVE excluido) en concepto de penalidade, adxudicándose o contrato ao seguinte licitador nos termos do artigo 153.4 LCSP. Terceiro.- A dirección facultativa das obras e a coordinación de seguridade e saude levarase a cabo polo arquitecto municipal. Cuarto.- Publicar a adxudicación no perfil do contratante nun prazo de 15 días naturais dende a formalización. Quinto.- Notificar este acordo aos interesados.

9 11/01/2019 1
Categoría: Trabajos de construcción.

Ubicación

A Coruña

Contacto y Plazos

Fecha Límite Presentación

21/08/2018 15:00h

Duración

4 Meses

Criterios de Adjudicación

Porcentaje personal fijo en relación plantilla global de la empresa 10%
Reducción de plazos 10%
Oferta económica 25%
Incremento plazo garantía 30%
Existencia plan igualdad en la fecha de publicación de la licitación 25%