A Xunta de Goberno Local, na sesión do 19/07/2018, aprobou o expediente de contratación mediante procedemento aberto simplificado para a licitación da obra correspondente ó proxecto denominado “PAVIMENTO EN ESPIÑEIRA, CARIÑO, MONTEPEQUENO E GRAÑA (POS+ 2018)”, cun orzamento de licitación por importe de 64.134,01 € (IVE incluído), aprobando tamén os pregos de cláusulas administrativas correspondentes.
Na sesión realizada o 04/12/2018 a Xunta de Goberno Local acordou acepta-la proposta de puntuacións emitida pola Mesa de contratación, e requirir á empresa FÁRIDO SL, con CIF: B15155617, para que no prazo de 7 días hábiles presentara a documentación recollida na cláusula 16 PCA.
Consta que a empresa presentou a citada documentación o 14/12/2018.
Constan tamén no expediente o informe de fiscalización favorable da Intervención municipal do 26/12/2018, así como o informe emitido o 27/12/2018 polo arquitecto municipal considerando debidamente xustificado o prazo de execución de obras proposto pola empresa licitadora.
Visto o disposto no artigo 21 da Lei 7/1985 de 2 de abril en relación coa Disposición Adicional 2ª da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de contratos do sector público (Resolución da Alcaldía de delegación de atribucións na Xunta de Goberno Local do 15/06/2015 – BOP núm. 140, do 27/07/2015) a Xunta de Goberno Local, en votación ordinaria e por unanimidade ACORDA:
Primeiro.- Adxudicar o contrato de obra denominado “PAVIMENTO EN ESPIÑEIRA, CARIÑO, MONTEPEQUENO E GRAÑA (POS+ 2018)” á empresa FÁRIDO SL, con CIF B15155617, polo prezo de corenta e cinco mil cento setenta e cinco euros con noventa e nove céntimos (45.175,99 €), IVE incluido, e un prazo de execución de sesenta (60) días naturais.
Segundo.- Requirir á empresa FÁRIDO SL para que proceda á formalización do contrato no prazo de 15 días hábiles dende a recepción da notificación, apercibíndolle que en caso de non formalizarse esixiráselle o importe do 3% do orzamento base de licitación (IVE excluido) en concepto de penalidade, adxudicándose o contrato ao seguinte licitador nos termos do artigo 153.4 LCSP.
Terceiro.- A dirección facultativa das obras e a coordinación de seguridade e saude levarase a cabo polo arquitecto municipal.
Cuarto.- Publicar a adxudicación no perfil do contratante nun prazo de 15 días naturais dende a formalización.
Quinto.- Notificar este acordo aos interesados.