Volver
Resuelta

Aceras en Boir, Vao y pavimentación en Abanqueiro

Presupuesto Base

129.424,66

Sin Impuestos

129.424,66

Importe Total

156.603,85

Contratación: 12/02/2019
Actualización: 14/03/2019 11:30

Adjudicaciones

FARIDO S.L.

B15155617

106.741,18€

Final: 88.215,85€

A Xunta de Goberno Local, na sesión do 19/07/2018, aprobou o expediente de contratación mediante procedemento aberto simplificado para a licitación da obra correspondente ó proxecto denominado “BEIRARRÚAS EN BOIRO, BAO E PAVIMENTACIÓN EN ABANQUEIRO (POS+2018)”, cun orzamento de licitación por importe de 156.603,85 € (IVE incluído), aprobando tamén os pregos de cláusulas administrativas correspondentes. Na sesión realizada o 11/12/2018 a Xunta de Goberno Local acordou acepta-la proposta de puntuacións emitida pola Mesa de contratación, e requirir á empresa FÁRIDO SL, con CIF: B15155617, para que no prazo de 7 días hábiles presentara a documentación recollida na cláusula 16 PCA. Consta que a empresa presentou a citada documentación o 20/12/2018. Constan tamén no expediente o informe de fiscalización favorable da Intervención municipal do 24/01/2019, así como o informe emitido o 18/01/2019 polo arquitecto municipal considerando debidamente xustificado o prazo de execución de obras proposto pola empresa licitadora. Visto o disposto no artigo 21 da Lei 7/1985 de 2 de abril en relación coa Disposición Adicional 2ª da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de contratos do sector público (Resolución da Alcaldía de delegación de atribucións na Xunta de Goberno Local do 15/06/2015 – BOP núm. 140, do 27/07/2015) a Xunta de Goberno Local, en votación ordinaria e por unanimidade ACORDA: Primeiro.- Adxudicar o contrato de obra denominado “BEIRARRÚAS EN BORO, BAO E PAVIMENTACIÓN EN ABANQUEIRO (POS+ 2018)” á empresa FÁRIDO SL, con CIF B15155617, polo prezo de cento seis mil setecentos corenta e un euros con dezaoito céntimos (106.741,18 €), IVE incluido, e un prazo de execución de sesenta (60) días naturais. Segundo.- Requirir á empresa FÁRIDO SL para que proceda á formalización do contrato no prazo de 15 días hábiles dende a recepción da notificación, apercibíndolle que en caso de non formalizarse esixiráselle o importe do 3% do orzamento base de licitación (IVE excluido) en concepto de penalidade, adxudicándose o contrato ao seguinte licitador nos termos do artigo 153.4 LCSP. Terceiro.- A dirección facultativa das obras e a coordinación de seguridade e saude levarase a cabo polo arquitecto municipal. Cuarto.- Publicar a adxudicación no perfil do contratante nun prazo de 15 días naturais dende a formalización. Quinto.- Notificar este acordo aos interesados.

9 12/02/2019 1
Categoría: Trabajos de construcción.