A Xunta de Goberno Local, na sesión do 19/07/2018, acordou aproba-lo expediente de licitación para a adxudicación do contrato de obras denominado “PAVIMENTACIÓN EN MOIMENTA, A GALEA, MONTAÑA E MAGDALENA (POS+ 2018)” cun orzamento total de 193.519,38 €, IVE incluido, nos termos do prego de cláusulas administrativas e prescricións técnicas (procedemento aberto simplificado 159.6 LCSP).
Na sesión realizada o 23/10/2018 a Xunta de Goberno Local acordou acepta-la proposta de puntuacións emitida pola Mesa de contratación, e requirir á empresa FÁRIDO SL, con CIF: B15155617, para que no prazo de 7 días hábiles presentara a documentación recollida na cláusula 16 PCA.
Consta que a empresa presentou a citada documentación o 31/10/2018.
Constan tamén no expediente o informe de fiscalización favorable da Intervención municipal do 02/11/2018, así como o informe emitido o 19/12/2018 polo arquitecto municipal considerando debidamente xustificado o prazo de execución de obras proposto pola empresa licitadora.
Visto o disposto no artigo 21 da Lei 7/1985 de 2 de abril en relación coa Disposición Adicional 2ª da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de contratos do sector público (Resolución da Alcaldía de delegación de atribucións na Xunta de Goberno Local do 15/06/2015 – BOP núm. 140, do 27/07/2015) a Xunta de Goberno Local, en votación ordinaria e por unanimidade ACORDA:
Primeiro.- Adxudicar o contrato de obra denominado “PAVIMENTACIÓN EN MOIMENTA, A GALEA, MONTAÑA E MAGDALENA (POS+ 2018)” á empresa FÁRIDO SL, con CIF: B15155617, polo prezo de cento trinta e seis mil cincocentos oito euros con cincuenta e sete céntimos (136.508,57 €), IVE incluido, e un prazo de execución de sesenta (60) días naturais.
Segundo.- Requirir á empresa FÁRIDO SL para que proceda á formalización do contrato no prazo de 15 días hábiles dende a recepción da notificación, apercibíndolle que en caso de non formalizarse esixiráselle o importe do 3% do orzamento base de licitación (IVE excluido) en concepto de penalidade, adxudicándose o contrato ao seguinte licitador nos termos do artigo 153.4 LCSP.
Terceiro.- A dirección facultativa das obras e a coordinación de seguridade e saude levarase a cabo polo arquitecto municipal.
Cuarto.- Publicar a adxudicación no perfil do contratante nun prazo de 15 días naturais dende a formalización.
Quinto.- Notificar este acordo aos interesados.