1 CANARGA S.L. 32041,32 21,55 0,00 8,92 Non 8,92
2 F. GOMEZ Y CIA S.L. 30534,00 25,24 0,00 10,00 Non 10,00
3 HORDESCON S.L. 34529,83 15,46 0,00 7,13 Non 7,13
(Insírese no informe unha gráfica representativa que non se reproduce neste acordo)
A oferta media da totalidade das achegadas polos licitadores é de 32.368,38 € €, o que supón unha baixa porcentual media referido ó tipo máximo de licitación do 20,751%
De resultas do indicado, a proposta achegada por F. GOMEZ Y CIA S.L.. resulta a mellor valorada en base á oferta económica presentada, acadando unha puntuación de 10”
A Xunta de Goberno dáse por informada e, por unanimidade, acorda:
1º.- Adxudicar o procedemento aberto de tramitación simplificadísima para a execución das obras de “Pavimentación de camiños en Costa da Silva – A Silva”, incluídas no Plan de Mellora de Camiños Rurais 2018/2019 Axencia Galega de Desenvolvemento Rural- AGADER (expediente: PM2018-026), á entidade “FRANCISCO GOMEZ Y CIA, S.L.”, no importe ofertado de 36.946,14 € IVE incluído (30.534,00 € + 6.412,14 € do IVE).
2º.- Consonte co previsto no artigo 159.6, da LCSP, non se require a constitución de garantía definitiva e a formalización do contrato poderá efectuarse mediante a firma de aceptación polo contratista da resolución de adxudicación.
3º.- Proceder á publicación da adxudicación no perfil do contratante.