PRIMEIRO: Deixar sin efecto o Decreto de Alcaldía número 2022-1502 de 18 de xullo de 2022 de adxudicación do contrato “EDUSI: PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN, IEE, DIRECCIÓN DA OBRA DE REHABILITACIÓN DA NAVE DE ACEIROS DO TEA PARA CAIXA DA MÚSICA”
SEGUNDO: Declarar admitidos os seguintes licitadores:
• OPPO ARQUITECTURA SL
• INGENIERIA, ESTUDIOS Y PROYECTOS EUROPEOS SL
• ÁNGEL JAIME SANTORO CUARTERO
TERCEIRO: Clasificar, de acordo cos criterios de adxudicación sinalados no prego, as proposicións admitidas neste procedemento, en orde decrecente.
CUARTO: Adxudicar o contrato de obra EDUSI: PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN, IEE, DIRECCIÓN DA OBRA DE REHABILITACIÓN DA NAVE DE ACEIROS DO TEA PARA CAIXA DA MÚSICA nas condicións que figuran na súa oferta e as que se detallan nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas a OPPO ARQUITECTURA SL con CIF B94195070 por un importe correspondente a 28.950,00 euros e un IVE de 6.079,50 euros, o que supón un total de 35.029,50 euros, dos que 21.017,70 euros IVE incluído se corresponderían co 60% aplicable a anualidade 2022 e 14.011,80 euros IVE incluído se corresponderían co 40% aplicable á anualidade 2023; así como, unha redución do prazo de entrega do proxecto básico de 2 semanas, unha redución do prazo de entrega do proxecto de execución de 2 semanas, unha redución do prazo de entrega do material gráfico 10 días, unha redución do prazo de entrega do IEEs de 10 días e un incremento do nº de infografías en formato físico respecto do mínimo esixido de 2 infografías .
CUARTO. Dispoñer o gasto correspondente de conformidade co establecido no Informe de Intervención de data 20 de abril de 2022.
QUINTO. Publicar anuncio de adxudicación no perfil do contratante no prazo de 15 días.
SEXTO. Notificar a adxudicación aos licitadores que non resultaron adxudicatarios.
SÉTIMO. Notificar a OPPO ARQUITECTURA SL adxudicatarios do contrato, a presente resolución.
OITAVO. Publicar anuncio de formalización do contrato no Perfil do contratante no prazo non superior a quince días trala perfección do contrato e co contido contemplado no anexo III da Lei 9/2017 de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
NOVENO. Comunicar ó Rexistro de Contratos do Sector Público os datos básicos do contrato incluíndo a identidade do adxudicatario, o importe de adxudicación, xunto coa desagregación correspondente do Imposto sobre o Valor Engadido.
DÉCIMO. Dar traslado de esta resolución ós departamentos de intervención e tesourería.